Blogia
vgomez

EFEMÉRIDES DO DÍA

TAL DÍA COMO HOXE: 31 DE AGOSTO...

1217 En Castela, a raíña Berenguela cede o trono ao seu fillo Fernando III.

1839 En Oñate (Guipúscoa) o xeneral isabelino Baldomero Espartero e o xeneral carlista Rafael Maroto abrázanse ante os seus exércitos (Abrazo de Vergara), que pon fin á primeira guerra carlista (das tres guerras carlistas do século XIX) ou Guerra dos Sete Anos (1833-1840).

1897 Nos Estados Unidos, Thomas Edison patenta o kinetoscopio, o primeiro proxector de cine.

1927 Karl Wilhelm Reinmuth descobre o asteroide Amaryllis (1085).

1951 A empresa alemá Deutsche Grammophon presenta o primeiro elepé (disco de vinilo de longa duración).

1961 España retira as súas últimas tropas de Marrocos.

1990 A República Federal de Alemaña (de tendencia neoliberal) e a República Democrática Alemá (de tendencia socialista) asinan o Tratado da Unión.

1997 En París (Francia), Diana Spencer, princesa de Gales morre nun accidente de coche.

2003 Países Baixos convértese no primeiro país do mundo que distribúe haxix (un derivado da marihuana) en farmacias con fins terapéuticos.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: diariovasco.com, es.wikipedia.org, www.banderasvdk.com e tn.com.ar

TAL DÍA COMO HOXE: 30 DE AGOSTO...

1874 O Goberno do Reino Unido aproba a xornada laboral máxima de 10 horas e a prohibición do traballo de menores de 9 anos.

1879 Thomas A. Edison presenta o seu primeiro aparello telefónico.

1918 Na Unión Soviética, Lenin é vítima dun atentado político que lle deixa lesións permanentes.

1984 En EEUU, a NASA lanza o transbordador espacial Discovery.

1997 Na internet créase Hattrick, un dos xogos máis populares do mundo. Ata 2007 contaba con 0,9 millóns de usuarios.

FONTE: hoyenlahistoria.com        Imaxes: sonbuenasnoticias.com, andina.pe e es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 29 DE AGOSTO...

1261 Urbano IV é elixido papa.

1756 Federico II o Grande ataca Sajonia; comeza a Guerra dos Sete Anos.

1831 Michael Faraday descobre a indución electromagnética.

1885 Gottlieb Daimler patenta a primeira motocicleta.

1929 O dirixible alemán Graf Zeppelin realiza o primeiro voo ao redor do mundo.

1982 En Darmstadt (Alemaña) sintetízase por primeira vez o elemento químico artificial meitnerio, de número atómico 109.

2004 Terminan os Xogos Olímpicos de Atenas 2004.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: es.wikipedia.org, x.com e ztfnews.wordpress.com

TAL DÍA COMO HOXE: 28 DE AGOSTO...

1619 Fernando II é elixido Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.

1833 A escravitude é abolida oficialmente no Reino Unido e as súas colonias.

1883 Primeiro voo nunha máquina máis pesada que o aire.

1920 Estados Unidos: Recoñéceselle á muller o dereito a voto.

2003 Oposición do planeta Marte. É o maior achegamento de Marte nos últimos 60.000 anos.

FONTE: hoyenlahistoria.com          Imaxes: es.wikipedia.org, historia.nationalgeographic.com.es e elmundo.es

TAL DÍA COMO HOXE: 27 DE AGOSTO...

1783 Os irmáns Montgolfier lanzan un globo ao espazo en París que percorre 20 km en 45 minutos.
 

1831 O británico Michael Faraday descobre o fenómeno da indución magnética.

1859 En Titusville (Pensilvania), o emprendedor estadounidense Edwin Drake (1819-1880) descobre o primeiro pozo de petróleo no mundo.
 

1910 Nos Estados Unidos, Thomas Edison leva a cabo a primeira demostración do quinetoscopio, un cinematógrafo con son.
 

1931 Realízase o primeiro voo comercial transatlántico.

1958 Montserrat Tresseras e José Vitos cruzan a nado a Canle da Mancha.

1992 O rei Juan Carlos e o presidente González asinan a reforma do artigo 13.2 da Constitución sobre participación política dos estranxeiros, a primeira modificación da Carta Magna española.

2003 Marte realiza o seu máximo achegamento á Terra en case 60.000 anos, achegándose a 55.758.005 km.

FONTE: hoyenlahistoria.com        Imaxes: loscomicsdemachete.blogspot.com, elsolweb.tv e efeagro.com

TAL DÍA COMO HOXE: 26 DE AGOSTO...

1542 A expedición do conquistador español Francisco de Orellana chega á desembocadura do río Amazonas.

1665 Abraham Ihle descobre o cúmulo globular M22.

1936 En Londres (Reino Unido), a BBC realiza a primeira transmisión mundial de televisión.

1978 Juan Pablo I é elixido papa. Falecerá un mes despois.

FONTE: hoyenlahistoria.com          Imaxes: diariomadrid.com y es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 25 DE AGOSTO...

1609 Na República de Venecia, Galileo Galilei presenta e demostra o seu primeiro telescopio ante o senado.

1962 A Unión Soviética lanza a súa sonda Sputnik 19 cara a Venus, fracasando por un fallo no foguete que debía propulsarla fóra da órbita terrestre.

1989 A sonda estadounidense Voyager 2 pasa preto de Neptuno.

2012 O Voyager 1 afástase á distancia de 121 Unidades Astronómicas, abandona o Sistema Solar e alcanza o Espazo interestelar.

FONTE: hoyenlahistoria.com               Imaxes: mcnoticiasslp.blog e agenciasinc.es

TAL DÍA COMO HOXE: 24 DE AGOSTO...

79 en Italia, o volcán Vesubio entra en erupción, arrasando as cidades romanas de Pompeya, Herculano e Estabia.

1562 En Ávila (España), Santa Teresa de Jesús funda o convento de San José, primeira pedra da Reforma do Carmelo.

1852 John Russell Hind descobre o asteroide número 18, bautizado Melpómene.

1867 James Craig Watson descobre o asteroide número 93, bautizado Minerva.

1995 En EEUU, Microsoft lanza ao mercado o sistema operativo Windows 95.

2006 A Unión Astronómica Internacional publica unha nova definición de planeta que exclúe a Plutón. O Sistema Solar reduce o seu número de planetas de nove a oito.

FONTE: hoyenlahistoria.com          Imaxes: ondacero.es e es.wikipedia.org