Blogia
vgomez

O CEO DO MES

O CEO DO MES: NOVEMBRO 2020

Explosión de meteoros das Leónidas / NASA/Ames Research Center/ISAS/Shinsuke Abe and Hajime Yano

8 de novembro: Cuarto Minguante

15 de novembro: Lúa Nova

22 de novembro: Cuarto Crecente

30 de novembro: Lúa Chea

Chuvia de meteoros: Leónidas: do 6 ao 30 de novembro con máximo na noite do día 17. Corpo proxenitor: cometa 55P/Tempel-Tuttle. Radiante: constelación de Leo.

O CEO DO MES: OUTUBRO 2020

Situación de Draco, radiante das Dracónidas/ Imaxe: es.wikipedia.org

1 de outubro: Lúa Chea

10 de outubro: Cuarto Minguante

16 de outubro: Lúa Nova

23 de outubro: Cuarto Crecente

25 de outubro: Cambio de hora. Horario inverno

31 de outubro: Lúa Chea

Chuvia de meteoros: Dracónidas: do 6 ao 10, con máximo na madrugada do 8 ao 9. A súa orixe está no cometa periódico 21P/Giacobini-Zinner e o seu radiante é a cabeza do Dragón (Draco).

O CEO DO MES: SETEMBRO 2020

A Vía Láctea desde galicia / Imaxe: Xavier Fonseca/lavoz.es

2 de setembro: Lúa Chea

10 de setembro: Cuarto Minguante

17 de setembro: Lúa Nova

22 de setembro: Comezo do outono  (ás 15 horas e 31 minutos)

24 de setembro: Cuatro Crecente

 

O CEO DO MES: AGOSTO 2020

3 de agosto: Lúa Chea

11 de agosto: Cuarto Minguante

19 de agosto: Lúa Nova

25 de agosto: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: Perseidas (Bágoas de San Lourenzo): do 17 de xullo ao 24 de agosto, con máximo o día 17 diste mes. O corpo proxenitor é o cometa 109P/Swift-Tuttle, sendo o seu radiante a constelación de Perseo. Ten unha tasa horaria de 110 meteoros/h.

HOXE POLA NOITE, ESPECTÁCULO NO CEO

Esta noite do sábado 4 ao domingo 5, vai ser, se o tempo o permite, unha noite especial para mirar ao ceo. A Lúa chea levantarase segundo se deite o Sol, ás 22:24 horas. Irá ascendendo despois suavemente polo ceo para alcanzar a súa máxima elevación ás 2 h 9 min, cando estará situada no meridiano.

Á espera do prato forte da noite, a eclipse, temos un espectáculo celeste: Xúpiter brillará como un diamante uns graos ao leste do globo lunar, e Saturno, aínda un pouco máis cara ao leste (á esquerda segundo miramos), completa un belo trío. O planeta dos aneis é agora 15 veces menos brillante que o xigante Xúpiter, pero, aínda así, segue sendo un dos astros máis brillantes do ceo nocturno.

A eclipse lunar penumbral dará comezo ás 05:07, cando a lúa xa descendería para aproximarse ao horizonte oeste e terá o seu máximo ás 06.28 segundo se deita por poñente.

Este será unha eclipse moi sutil, pois a Lúa non chega a entrar na rexión de sombra da Terra. No máximo da eclipse, a fracción do diámetro lunar inmersa na penumbra terrestre será do 35%. Tan só veremos unha leve  coloración alaranxada ou amarelada sobre o disco lunar, sobre todo sobre a súa zona norte, segundo o noso satélite vaise escondendo tras o horizonte. Non será posible ver a totalidade da eclipse, pois este terminará ás 7:49, cando o Sol xa estará ben levantado.

A disfrutar do espectáculo!

O CEO DO MES: XULLO 2020

A Eclipse penumbral (ou  Apulso) ocorre cando a Luna pasa a través da penumbra terrestre. A penumbra ocasiona un sutil escurecimiento na superficie lunar.

5 de xullo: Lúa Chea. Eclipse lunar penumbral (comezo 5:07, máximo 6:28)

13 de xullo: Cuarto Minguante

20 de xullo: Lúa Nova

27 de xullo: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: Delta Acuáridas: do 12 de xullo ao 23 de agosto, con máximo o 30 de xullo. A súa orixe está no cometa 96 p-Machholz e o seu radiante na constelación de Acuario. Perseidas: do 17 de xullo ao 24 de agosto. Dado que a súa actividade máxima é no mes de agosto, falaremos delas no próximo mes.

O CEO DO MES: XUÑO 2020

5 de xuño: Lúa Chea

13 de xuño: Cuarto Minguante

20 de xuño: Comezo do verán, ás 23 horas e 44 minutos

21 de xuño: Lúa Nova

28 de xuño: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: Nada que reseñar.

Imaxe: asociacionastronomicadeespaña.es

O CEO DO MES: MAIO 2020

Eta Acuáridas / Imaxe: infoemergencias.com

7 de maio: Lúa Chea. Superlúa (Superlúa das flores) A Lúa atópase a 361.984 km da Terra.

14 de maio: Cuarto Minguante

22 de maio: Lúa Nova

30 de maio: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: Eta Acuáridas: do 19 de abril ao 28 de maio, con máximo o día 6. O corpo proxenitor é o cometa Halley (1P/Halley), e o radiante a constelación de Acuario, preto de Eta Acuarii, de onde procede o nome.