Blogia
vgomez

O CEO DO MES

O CEO DO MES: FEBREIRO 2014

O CEO DO MES: FEBREIRO 2014

 

6 de febreiro: Cuarto Crecente

14 de fereiro: Lúa Chea

22 de febreiro: Cuarto Minguante

Chuvia de meteoros: Alfa-Centauridas, actividade dende o 28 de xaneiro ao 21 de febreiro, máximo o día 8.

O CEO DO MES: XANEIRO 2014

O CEO DO MES: XANEIRO 2014

1 de xaneiro: Lúa Nova

4 de xaneiro: Parihelio (Punto da órbita da Terra máis próximo ao Sol:148,70 millóns de quilómetros), ás 12 horas.

8 de xaneiro: Cuaro Crecente

16 de xaneiro: Lúa Chea

24 de xaneiro: Cuarto Minguante

30 de xaneiro: Lúa Nova

Chuvia de meteoros: Cuadrántidas, actividade dende o 28 de decembre ao 12 de xaneiro, con máximo o 3 de xaneiro. Son meteoros de grande tamaño con estelas que poden durar de 3 a 4 minutos.

O CEO DO MES: DECEMBRO

O CEO DO MES: DECEMBRO

Co inverno chegan as xeadas invernais / Imaxe: teinteresa.es

3 de decembro: Lúa nova

9 de decembro: Cuarto Crecente

17 de decembro: Lúa Chea

21 de decembro: Comezo inverno

25 de decembro: Cuarto Minguante

Chuvia de meteoros: Phoenícidas Decembro, actividade dende o 28 de novembro ao 9 de decembro, con máximo o día 6. Puppid/Vélidas, actividade dende o 1 ao 15, con máximo o 6 de decembro. Monocerótidas, actividade dende o 27 de novembro ao 17 de decembro, con máximo o 8 de decembro. Sigma-Hydridas, actividade dende o 3 ao 15, con máximo o 11 de decembro. Xemínidas, actividade dende o 7 ao 17, con máximo o 14 de decembro. Coma Benerícidas, actividade dende o 12 ao 23 de decembro, con máximo o 15 de decembro. Leo Minóridas Decembro, actividade dende o 5 decembro ata o 4 de febreiro, con máximo o 19 de decembro. Úrsidas, actividade dende o 17 ao 26, con máximo o 23 de decembro.

O CEO DO MES: OUTUBRO 2012

O CEO DO MES: OUTUBRO 2012

Eclipse penumbral de Lúa / Imaxe:verestrellas.blogspot.com

Lúa Nova: 5 de outubro

Cuarto crecente: 11 de outubro

Lúa Chea: 18 de outubro. Eclipse penunmbral de Lúa: en Galicia visible entre as 23:50 ás 03:50 do día 19, con máximo á 01:50 horas.

Cuarto minguante: 26 de outubro

Cambio de hora: 27 de outubro. Madrugada do sábado 26 ao domingo 27. Ás 3 serán as 2, polo que retrasaremos o reloxo 1 hora.

Chuvia de meteoros: Dracónidas, actividade dende o 6 ao 10, con máximo o día 8. Táuridas Sur, actividade dende o 10 de septembro ao 20 de novembro, con máximo o 10 de outubro. Delta-Aurígidas, actividade dende o 10 ao 18, con máximo o día 11. Epsilon-Gemínidas, actividade dende o 14 ao 27, con máximo o día 18. Oriónidas, actividade dende o 2 de outubro ao 7 de novembro, con máximo o 21 de outubro. Leo Minóridas, actividade dende o 19 ao 27, con máximo o día 24.

O CEO DO MES: SETEMBRO 2013

O CEO DO MES: SETEMBRO 2013

Cores do outono / Imaxe:diariodelviajero.com

Lúa Nova: 5 de setembro.

Cuarto Crecente: 12 de setembro.

Lúa Chea: 18 de setembro.

Inicio do outono: 22 de setembro

Cuarto minguante: 27 de setembro.

Chuvia de meteoros: Perseidas Setembro, actividade dende o 5 ao 21, con máximo o día 9.

O CEO DO MES: AGOSTO 2013

O CEO DO MES: AGOSTO 2013

Perseidas / Imaxe: aavbae.net

Perseidas ou bágoas de San Lourenzo: Cada ano por estas datas o noso planeta cruza a órbita do cometa Swift-Tuttle, que ten un período de 130 anos e que pasou preto do Sol por última vez en 1992. Esta órbita está chea de partículas pequenas, como grans de area ou menores, que foron liberadas polo cometa nos seus pasos anteriores. Cando unha destas partículas, que formaron no seu día a cola do cometa, entra na atmosfera terrestre, a fricción quéntaa ata vaporizala a grande altura (uns 100 km). Durante uns segundos, a partícula brilla coma se fose unha estrela, e por iso este fenómeno recibe o nome popular de estrela fugaz. Non se trata polo tanto dunha estrela senón dunha partícula de po incandescente.

Lúa Nova: 6 de agosto.

Cuarto Crecente: 14 de agosto.

Lúa Chea: 21 de agosto.

Cuarto Minguante: 28 de agosto.

Chuvia de meteoros: Perseidas, actividade dende o 17 de xullo ao 24 de agosto, con máximo o 12 de agosto. É unha das máis espectaculares, acadando por momentos unha frecuencia de 400 meteoros por hora. Kappa-Cygnidas, actividade dende o 3 ao 25 de agosto, con máximo o 17 de agosto. Alfa-Aurígidas, actividade dende o 28 de agosto ao 5 de setembro, con máximo o 31 de agosto.

O CEO DO MES: XULLO 2013

O CEO DO MES: XULLO 2013

Posicións da Terra no seu movemento ao redor do Sol / Imaxe:Instituto Copérnico

Afelio: 5 de xullo. Máximo afastamento entre a Terra e o Sol, sendo a distancia de algo máis de 152 millóns de km, uns cinco millóns de km máis que a principios de xaneiro, cando a distancia ao Sol alcanza o seu mínimo anual. 

Lúa Nova: 8 de xullo.

Cuarto Crecente: 16 dexullo.

Lúa Chea: 22 de xullo.

Cuarto Minguante: 29 de xullo.

Chuvia de meteoros: Piscis Austrinídas, actividade dende o 15 de xullo ao 10 de agosto, con máximo o 27 de xullo. Alfa-Capricórnidas, actividade dende o 3 de xullo ao 15 de agosto, con máximo o 29 de xullo. Delta-Acuáridas Sur, actividade dende o 12 de xullo ao 23 de agosto, con máximo o 30 de xullo.

O CEO DO MES: XUÑO 2013

O CEO DO MES: XUÑO 2013

Noite máxica de San Xoan / Imaxe:www.museo.depo.es

Lúa Nova: 8 de xuño.

Cuarto cercente: 16 de xuño.

Comezo do verán: 21 de xuño.

Lúa Chea: 23 de xuño.

Cuarto Minguante: 30 de xuño.

Chuvia de meteoros: Bootidas de Xuño (JBO), actividade do 22 de xuño ao 2 de xullo, con máximo o 27 de xuño.