A PONTE

20080819131301-ponte-romana.jpg

A "Ponte Vella" sobre o Miño ao seu paso por Ourense

Tal como prometín, imos coa segunda cousa que hai en Ourense e que non hai en España: A Ponte sobre o río Míño, mellor dito a Ponte Romana, pois non será por pontes en Ourense sobre o Miño.

É de orixe romano, da época de Trajano, aínda que as características constructivas sitúano nos tempos de Augusto (século I); desa época só quedan os pilares. Daquela a calzada número 18, segundo o el Itinerario de Antonino, que unía as cidades de Braga (antiga Bracara Augusta e entón capital da Gallaecia) e Lugo (Lucus Augusti) pasaba por esta ponte.

O tamaño do seu arco central orixina constantes situacións de ruínas que provocan moitas reconstruccións que foron variando a estructura primitiva: século XIII polo Bispo Lorenzo (dándolle o perfil do actual arco central apuntado e rampas), século XVII por Melchor de Velasco (reparación definitiva), século XIX (eliminación da última das torres).

Foi declarado Monumento Histórico-Artístico Nacional en 1961. Recibíu varios nomes, sendo a actual a de "Ponte Vella".

Actualmente A Ponte Vella consta de 7 arcos (dos 11 primitivos), mide 370 metros de longo e o arco central ten 43 metros de ancho por 38 de alto.

En próximos días achegarémonos á terceira cousa: O Santo Cristo.

21/08/2008 20:21. vgomez #. OPINIÓN E COMENTARIO

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.