A GALAXIA DE PEGASO

20081030091937-2008-11-05-img-2008-10-29-17-47-41-pegaso.jpg

Esta é a galaxia espiral NGC 7331, que se atopa na constelación de Pegaso, semellante á nosa propia galaxia, ou quizá algo maior, e situada a 50 millóns de anos-luz de distancia.

O astrónomo do Observatorio da Universitat de València Vicent Peris conseguíu fotografala. Nela aprécianse desde as estrelas puntuais en primeiro plano ata as galaxias máis débiles do transfondo, pasando pola galaxia principal e a súa intrincada estrutura.

A NGC 7331, foi descuberta por Wilhelm Herschel en 1784.

 

30/10/2008 09:19. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.