TEMPO DE CASTAÑAS

20081104182603-05.jpg

Estamos en tempo de castañas. Iniciamos hoxe unha serie de artigos sobre este froito, a árbore que o produce, o magosto e a preparación das mesmas. Escomenzamos falando  da árbore: O CASTIÑEIRO.

O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore profundamente ligada á Galicia. Non se sabe con certeza cando chegou á nosa terra, aínda que o que si parece certo é que foron os romanos o que máis difundiron o seu cultivo traendo numerosas variedades de castiñeiros para froito, é dicir que potenciaron a utilización destas variedades para obter riquísimas castañas que aínda hoxe en día disfrutamos dende comenzos do outono.

 O Castanea é un xénero sumamente vello, nalgúns lugares dos EEUU atopáronse troncos de castiñeiros petrificados, mesturados con outros de magnolios, loureiros e metasequoias. É un xénero que sobreviviu a moitos desastres do pasado, aínda que no caso do castiñeiro americano, Castanea dentata, practicamente desapareceu recentemente arrasado pola enfermidade do cancro do castiñeiro (un fungo chamado Phytophthora cinnamomi), considerada polos fitopatólogos como unha das máis destructivas sufrida polo mundo. En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo hasta ocupar casi toda a rexión, converténdose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise ampliando a zona de cultivo da patata e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios, deixando a castaña relegada a un segundo termo. A este segundo plano da castaña que deixo de ser básica na dieta dos galegos sumóuselle a aparición da tinta en Galicia de forma que moitos castiñeiros desapareceron a partires de finais do século XIX.

O castaño é unha árbore de grande tamaño (entre 20-35 metros de altura) cun toro que chega a medir ata 2 metros de diámetro. As follas de 16-28 cm de longo e 5-9 de ancho son oblongo-lanceoladas e profundamente dentadas.

As súas flores, de ambos sexos, nacen en amentos (inflorescencia en forma de racimo) verticais de 10-20 cm de longo. As flores masculinas na parte superior e as femininas na inferior. Xurden no mes de xuño e a finais de verán as femininas convértense e expiñentos ourizos, que conteñen as castañas, que se recollen no mes de outubro. 

A súa clasificación científica é:

Reino:Plantas            División:Magnoliophyta                                                                         Clase:Magnoliopsida     Orde:Fagales                                                                                          Familia:Fagaceae                                                                                                                   Xénero: Castanea 

O próximo día falaremos do froito: A CASTAÑA.

04/11/2008 23:34. vgomez #. ZONA VERDE

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.