Blogia
vgomez

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009

Este ano a RAG (Real Academia Galega) adícalle o día das letras Galegas 2009 ao escritor, ensaista e traductor  Ramón Piñeiro López. Entre os motivos para tal elección destacan a "dedicación total e desenteresada  da súa vida en defensa de Galicia  e a súa cultura, sendo unha referencia moral indiscutible e necesaria para as novas xeracións".

Naceu en Armea-Lama-Láncara (Lugo) o 31 de maio de 1915. Estudou bacaharelato en Lugo, aínda que nalgún momento traballou en Sarria. En 1931  asiste a un mitin de Lois Peña Novo que esperta nel o interese pola cultura e a política. Participou na fundación das mocidades do Partido Galeguista, sendo nomeado secretario de cultura. En 1934 participou nun mitin celebrado na praza da Quintana o 25 de xullo e, en 1936, chega a ser elixido secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia. Tralo alzamento militar de xullo de 1936, viuse obrigado a loitar na guerra civil no bando nacional. Rematada a contienda, comezou a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Dende 1943 participa na reorganización clandestina do Partido Galeguista. Detido en abril de 1946 permaneceu tres anos na cadea, malia se condenado a seis. Ao saír do cárcere, establécese en Santiago, defendendo a loita cultural fronte á loita armada e política. Interviu activamente na auto disolución do Partido Galeguista e en 1950 foi o adaíl do grupo que fundou a Editorial Galaxia (da que foi o primeiro director literario), que en pleno franquismo comezou a publicar libros en galego e sobre asuntos relacionados con Galicia.Xa na democracia, formou parte do 1º parlamento autonómico, entre 1981 e 1985, como independiente, dentro das listas do PSdG-PSOE pola provincia de A Coruña. Desta etapa compre destacar o seu labor de ponente da Lei de Normalización Lingüística. En 1998 entra na Real Academia Galega. Dende 1983 viña desempeñando o cargo de 1º presidente do Consello da Cultura Galega, ata a súa morte, o 27 de agosto de 1990.

A súa obra non é abundante, toda ela baixo a temática da "filosofía da saudade". Publicou artigos na revista GRIAL, onde asinaba co pseudónimo de Luis Veiga do Campo, así como colarboracións en obras colectivas e proemios de moitos libros.

  • Siñificado metafísico da saudade (Colección Grial, 1951)
  • A saudade en Rosalía (Galaxia, 1952)
  • A lingua, sangue do espíritu (Galicia, Bos Aires, 1952)
  • Pra unha filosofía da saudade (Galaxia, 1953)
  • A filosofía i o home (Grial, 1963)
  • A lingoaxe i as língoas (Galaxia, 1967; reed. facs. Consello da Cultura Galega, 1994)
  • Olladas no futuro (Galaxia, 1974)
  • Lembrando a Castelao (SEPT, 1975)
  • Vicisitudes históricas da cultura galega (Ediciós do Castro, 1975)
  • Saudade e sociedade, dimensións do home (1975)
  • Filosofía da saudade (Galaxia, 1984)
  • Castelao político (Anthropos, Barcelona, 1986)
  • Cartas para os amigos (El Correo Gallego, 1992)
  • Un epistolario de Ramón Piñeiro (Galaxia, 2000)
  • Galicia (Galaxia, 2001)
  • Da miña acordanza. Memorias (Galaxia, 2002)

Compre destacar tamén o seu traballo como traductor.

Ata aqui o comemorativo, pero e o significado? Todos os que foron agasallados co Día das Letras Galegas, foron homes e mulleres que fixeron moito pola nosa cultura e polo noso idioma: O GALEGO. E ti? É unha boa pregunta e merece tamén unha boa reflexión. Eu anímote a que comences unha campaña propia en defensa do noso idioma. Como? Pois con toda normalidade, sen vergonza: falándoo.

0 comentarios