Blogia
vgomez

DIFÍCIL RETO: A ATENCIÓN NAS AULAS


Para Chema Lázaro, ser mestre nunca foi a primeira opción. Biólogo mariño de vocación, un grupo de nenos cambiou a súa vida: “Descubríronme aos poucos a miña vocación, para o que estaba feito, onde podería desenvolverme profesionalmente”. Foi precisamente ese grupo de nenos co que Chema Lázaro conseguiu o Premio Nacional de Educación en 2013.

Actualmente, Lázaro é profesor do Máster de Neurodidáctica da Universidade Rei Xoán Carlos e fundador de NIUCO, unha iniciativa que aposta polo cambio educativo baseado na aplicación da neurociencia na aprendizaxe: “É moi importante que os mestres non empecemos a opinar desde a experiencia e fagámolo desde a evidencia. Pasar dunha cultura da opinión a unha cultura dos feitos e as certezas do que funciona e do que non funciona dentro da aula”.

Para Lázaro, a educación é a única oportunidade para crecer como persoas e conseguir ser a mellor versión dos alumnos: “Os alumnos son cidadáns de hoxe. Temos que educarlles nas competencias como o pensamento crítico, a cooperación, a creatividade que son fundamentais para resolver os problemas de hoxe”, conclúe.

0 comentarios