Blogia
vgomez

BANDEIRAS NEGRAS 2009

BANDEIRAS NEGRAS 2009

Case coincidentes coa publicación das denominadas Bandeiras Azuis, que premian a cualidade das augas e os servcios que prestan as praias, Ecoloxistas en Acción publican, no mes de xullo, as denominadas Bandeiras Negras 2009. O informe deste ano leva por lema "A crise unha oportunidade para a costa".

No ano 2009 concedéronse un total de 311 bandeiras negras (zonas con degradación ambiental alta e con graves ameazas para os seus ecosistemas) e 392 puntos negros (lugares con impactos puntuais ou de menor gravidade).

Lamentablemente Galicia ocupa o primeiro lugar neste listado con 55 bandeiras negras e 102 puntos negros. Séguennos Andalucia, Comunidade Valenciana e Murcia.

A nosa provincia, Pontevedra, acada 5 bandeiras negras e 24 puntos negros.

Refrente á nosa localidade, A Guarda, aparece con 1 bandeira negra e 1 punto negro, a saber:

Bandeira Negra ao dragado da canle do ferry internacional A Guarda-Caminha. Quérese manter o calado para a navegación do ferry, así que van sacar 70.000 metros cúbicos de area que usarán para rexenerar praias en toda a provincia de Pontevedra.
Punto Negro ao porto deportivo A Pasaxe. Este porto con 100 amarres en zona LIC e ZEPA. Afectará ás correntes e aos bancos de area.

Se queres coñecer a fondo este informe pincha en INFORME BANDEIRAS NEGRAS 2009

0 comentarios