DOCUMENTAL: A HORA 11
Os nosos hábitos de consumo teñen un impacto maior do que pensamos. Darse conta diso fainos ser máis ecolóxicos e, de paso, aforrar cartos.
Aquí comezo unha serie de documentais que teñen a pretensión de concienciarnos para lograr este obxectivo, mediante imaxes e datos impactantes.
O primeiro leva por título: A HORA 11
Leonardo Dei Caprio chamou hai pouco a atención mundial polo seu discurso ambiental ao recibir o Óscar, pero leva anos traballando por concienciar aos cidadáns de todo o mundo. Un exemplo é "A Hora 11", un documental narrado e producido polo propio actor en 2007. Nel exponse o impacto da nosa maneira de consumir sobre os ecosistemas e que podemos facer para cambiar.
FONTE: Revista Consumer/medio Ambiente Urbano
0 comentarios