Blogia
vgomez

COMO RECICLARAR AS COUSAS "RARAS" DA CASA

COMO RECICLARAR AS COUSAS "RARAS" DA CASA

 

A reciclaxe aumenta ano tras ano grazas á colaboración dos consumidores que saben que facer: botellas de vidro ao iglú verde, envases ao amarelo e papel ao azul. Agora ben, na casa hai gran variedade de produtos de uso normal que se volven "raros" cando chega a hora de desprenderse deles.

Neste, e en próximos artigos, veremos  como reciclar (ou se non se pode) eses obxectos ou cousas dos fogares que xeran máis dúbidas.

Lámpadas: recíclanse en colectores específicos situados en tendas ou en puntos limpos ( no noso caso ao lado da Piscina Municipal).

Cápsulas de café: non se poden reciclar no colector amarelo, pero marcas como Nespresso ou Dolce Gusto teñen puntos de recollida para as súas cápsulas usadas.

Chicles: hai que tiralos no colector de fracción resto, é dicir, verde, o do lixo.

Discos: CD e DVD, só nos puntos limpos; vinilos e VHS e casetes, ao colector de fracción resto, é dicir, verde, o do lixo.

Envases, non todos: gran parte dos envases de uso doméstico recíclanse no colector amarelo, pero non todos, dada a gran variedade e os seus diferentes materiais. Bótanse ao colector de fracción resto, é dicir, verde, o do lixo, botes e tarros de barro, moldes de silicona, biberóns, termos e bidóns de ciclista. Con todo, os táperes para alimentos, as macetas de plástico e os envases co logotipo da caveira (perigosos), ademais da o colector verde de lixo tamén poden depositarse nun punto limpo.

Envoltorios e bandexas de alimentos: van ao colector amarelo envoltorios (de caramelos, chicles, bombóns, etc.) tanto os plásticos como os metalizados, plástico de burbullas, celofán, cortiza branca, bolsas de froitos secos, sobres de sopas, abrazaderas de plástico das latas, plástico que envolve botellas e tetrabriks, bolsas de plástico de alimentos, bolsas de redecilla de froita e patacas, bandexas para alimentos e o plástico fino que os envolve e envoltorios triangulares de sándwiches.

Continuará!

FONTE: Revista Consumer

0 comentarios