Facebook Twitter Google +1     Admin

CROQUES

20100822214150-digitalis-purpurea.jpg

Croques / Imaxe:Elvirapais.com

Croques Digitalis purpurea

(En castelán: Dedaleira, digita)

Outros nomes: Belitroques, sanxoáns, estraloques, dedaleira.

A dedaleira ou croques é unha planta herbácea que en Galicia atópase adoito e que normalmente dura dous anos. No primeiro ano bota unha roseta de follas basais e no segundo  emite o talo florífero que pode chegar ata os 2 metros de altura.

As follas son grandes, pilosas, ovaladas ou lanceoladas, coa marxe dentada, pecioladas as inferiores e subsésiles ou sésiles as da parte superior.

Flores en acios longos e unilaterais, pentámeras, con cáliz verdoso e corola bilabiada, de 3 a 5 centímetros, longamente tubulosa e e cor púrpura (raro branca), androceo con 4 estames didínamos e xineceo con ovario bicarpelar súpero.

Froito en cápsula ovoide que se abre por dúas valvas deixando saír numerosas sementes de pequeno tamaño.

Florece de maio ata o mes de agosto.

USOS

A folla figura en numerosas Farmacopeas, ademais da española, debido ás súas interesantes propiedades cardiotónicas. Toda a planta é moi tóxica en non se debe empregar en autotratamentos.

Emprégase como medicinal o po da folla, a partir do cal se preparan infusións ou as tinturas que, aplicadas a doses terapéuticas, actúan sobre o corazón enfermo producindo un aumento da contractibilidade  do miocardio, redución do ritmo do corazón e diminución da excitabilidade.

Ademais das accións sobre o corazón, é necesario destacar a acción diurética, pouco marcada nas persoas sas, pero manifesta nos casos de edemas e estase venoso.

A tintura da dedaleira foi moi empregada por prescripción facultativa para o tratamento da insuficiencia cardíaca e alteración dos ritmos, pero a estreita marxe entre a dose terapéutica e a tóxica unida á dificil eliminación dos principios activos, determinou que se deixase de utilizar, empregándose desde entón perparacións farmacéuticas de dixitoxósido e doutros dixitálicos semisintéticos.

23/08/2010 11:17. vgomez #. HERBAS MEDICINAIS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.