O TÉ
Campos de té co fondo do monte Fuji / Imaxe: fondos12.com
Despois da auga o té é a segunda bebida máis consumida do mundo. Pero de que planta obtemos o té?
Pois dun arbusto da familia das teáceas (Camellia sinensis) orixinario de China de flores brancas e follas perennes, que despois de secas e torradas empréganse para facer a infusión.
A especie é orixinaria de Cambodia, China, India, Laos, Myanmar, Thailandia e Vietnam onde medra nos bosques de latifolias ata os 2000 metros de altitude en zonas de clima tropical e subtropical húmido. India e China son os principais productores mundiales, seguidos por Brasil, Arxentina, Sri Lanka e Kenia.
Das moitas variedades de té, destcamos os máis coñecidos:
- Té verde: Chamado así pola cor verde pálida da súa infusión. Non é un té fermentado, sen oxidación. As follas sécanse e son fragmentadas rapidamente despois de ser recollidas. É un poderoso antioxidante atrasando o proceso de envellecemento. É depurativo (axuda a eliminar líquidos) e moi dixestivo. Pode axudar a perder peso. É rico en minerais, sodio, fluor e vitaminas A, B e C.
- Té negro: Realmente un té marrón, avermellado e escuro na infusión. É un dos máis populares en todo o mundo. Despois de escoller as follas, ferméntanse a sol aberto, oxidación substancial. Posúe propiedades antioxidantes, ser saciante, baixo en calorías e bo para o estómago, entre outras virtudes.
- Té branco: En vez das follas enteiras, recóllense só os brotes máis tenros e máis novos, que non se oxidaron, que é onde se atopa toda a "enerxía" da planta. Estes brotes (aínda sen abrir) están cubertos dun lanuxe branco que recobre a folla nada máis nacer (o que lle dá o nome a esta variedade). As súas propiedades son: sabor e delicado aroma, antioxidantes máis potentes que nos ofrece a natureza e o seu alto contido en vitamina, E e C, e contén a metade de teína que o té verde, e ten un efecto suavemente diurético.
- Té vermello: Sometido a un proceso de fermentación que pode durar de 2 a 60 anos en barricas de carballo, o que fai que as follas obteñan unha cor cobreada e, polo tanto, tamén a infusión. As súas propiedades: axuda a diminuír os niveis de colesterol e de graxa no sangue, propiedades diuréticas e é ideal para aliviar as dixestións pesadas.
- Té azul: Ten un grao de oxidación media, semifermentado, entre os tés negros e os tés verdes. As súas propiedades son similares ás do té verde.
- Té amárelo: Té semifermentado ou fermentado parcialmente comparable ao té azul. O seu sabor e propiedades similares ao do té branco e o verde.
- Té Turco: É unha forma de té negro, prodúcese principalmente ao leste da costa do Mar Negro. É común bebelo moi quente, adóitase verter algo de azucre de remolacha.
- Té verme: Prepárase coas sementes en lugar das follas. Usado como produto medicinal en China.
Moitas son as varidades para disfrutar dunha boa taza de té..
0 comentarios