A PEGADA ECOLÓXICA

Pegada ecolóxica / Imaxe: ecologiaverde.com
O termo "pegada ecolóxica" mide a superficie necesaria para producir os recursos consumidos por un cidadán medio dunha determinada comunidade, así como a necesaria para absorber os residuos que xenera, independientemente de onde se atopen localizadas estas áreas. A ilusión de que hai un inesgotable corno da abundancia ao servizo do noso consumo esvaécese como o fumo cando calculamos a nosa pegada.
Para calculala, primeiro hai que decidir que comunidade (país, cidade, rexión…) queremos estudiar e elexir un período de tempo. Despois búscase para ese tempo tomado canto consome esa poboación para cubrir as súas necesidades alimentarias, enerxéticas, de materias primas e de solo. Tátase de coñecer cantos campos de cultivo foron necesarios para producir alimentos, forraxes e materias primas; canto terreo de pastos provéenos de hovos, carne ou leite; a superficie forestal necesaria para obtener a nosa madeira; o espazo mariño necesario para os productos pesqueiros que consumimos; o territorio construído ocupado polos nosos pobos, cidades, vivendas, estradas e industrias, e finalmente a enerxía que necesitamos, que se traduza na superficie forestal necesaria para absorber o CO2 desprendido da queima dos combustibles fósiles. Dentro deste cálculo o 12% do territorio resérvase para a conservación da biodiversidade.
Sumando todas as superficies e dividíndoas entre os habitantes da área estudada obteremos a pegada ecolóxica per cápita. Unha vez coñecido este dato interésanos descubrir se a comunidade estudiada é sostible ou non e para iso temos que coñecer o terreo productivo do que dispón. Se o seu ritmo de consumo produce unha pegada maior que o territorio dispoñible, entón teremos “déficit ecológxco”, é dicir, consumimos máis terra da que dispoñemos.
Segundo o informe "Planeta Vivo" da WWF, a humanidade duplicou nos últimos 40 anos a súa pegada ecolóxica global e a poboación mundial empregou de media en 2007 o equivalente a 1,5 planetas para soster as súas actividades.
En España necesítanse casi 3,5 superficies como a do noso país para satisfacer o nivel de desenvolvemento actual. Este dato sitúa ao noso país entre as rexións que máis presionan á natureza. España está situada no posto 19 do mundo e no 12 de Europa en canto á maior pegada ecolóxica por persoa.
A receta segundo a WWF para salvar a Terra é: máis enerxías renovables e menos consumo de carne.
FONTE: CENEAM e WWF.
Comentarios > Ir a formulario
¿Buscas algo?
Utiliza este buscador:
Si no encuentras lo que buscas escrbenos un comentario.
Enlaces
Algunos sitios recomendados
- EL NATURALISTA COJO
- A.I.R-e: ASISTENTE INTELIXENTE DE RECICLAXE
- LA FARMACIA NATURAL
- REVISTA esPosible
- WEBCAM MOLINO
- BIBLIOTEGRA DO MIÑO
- DICIONARIO ELECTRÓNICO DA RAG
- ÁLBUM DA CIENCIA
- ANABAM
- BOIA DE A GUARDA (WMO)
- INFOMIÑO
- PRENSA DE ESPAÑA
- GALIPEDIA: ENCICLOPEDIA LIBRE
- TABOA PERIÓDICA
- GUÍA DE FUNGOS E COGOMELOS
- REVISTA CONSUMER EROSKI
- PARQUES E RESERVAS DA BIOSFERA
- ANTI-BULLYING [Línea de Axuda contra o Acoso Escolar]
- DARWIN: O PAI DA EVOLUCIÓN
- MÚSICA
- CLIMÁNTICA
- REVISTA TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL
- XUNTA DE GALIA: PORTAL EDUCATIVO
- FASES LUNARES E MAREAS
- O TEMPO NO MUNDO
- O TEMPO EN GALICIA
- XUVENTUDE.NET
- BIBLIOTECA VIRTUAL DE PRENSA HISTÓRICA
- DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA