Blogia
vgomez

A PEGADA ECOLÓXICA

A PEGADA ECOLÓXICA

Pegada ecolóxica / Imaxe: ecologiaverde.com

O termo "pegada ecolóxica" mide a superficie necesaria para producir os recursos consumidos por un cidadán medio dunha determinada comunidade, así como a necesaria para absorber os residuos que xenera, independientemente de onde se atopen localizadas estas áreas. A ilusión de que hai un inesgotable corno da abundancia ao servizo do noso consumo esvaécese como o fumo cando calculamos a nosa pegada.

Para calculala, primeiro hai que decidir que comunidade (país, cidade, rexión…) queremos estudiar e elexir un período de tempo. Despois búscase para ese tempo tomado canto consome esa poboación para cubrir as súas necesidades alimentarias, enerxéticas, de materias primas e de solo. Tátase de coñecer cantos campos de cultivo foron necesarios para producir alimentos, forraxes e materias primas; canto terreo de pastos provéenos de hovos, carne ou leite; a superficie forestal necesaria para obtener a nosa madeira; o espazo mariño necesario para os productos pesqueiros que consumimos; o territorio construído ocupado polos nosos pobos, cidades, vivendas, estradas e industrias, e finalmente a enerxía que necesitamos, que se traduza na superficie forestal necesaria para absorber o CO2 desprendido da queima dos combustibles fósiles. Dentro deste cálculo o 12% do territorio resérvase para a conservación da biodiversidade.
Sumando todas as superficies e dividíndoas entre os habitantes da área estudada obteremos a pegada ecolóxica per cápita. Unha vez coñecido este dato interésanos descubrir se a comunidade estudiada é sostible ou non e para iso temos que coñecer o terreo productivo do que dispón. Se o seu ritmo de consumo produce unha pegada  maior que o territorio dispoñible, entón teremos “déficit ecológxco”, é dicir, consumimos máis terra da que dispoñemos. 

Segundo o informe "Planeta Vivo" da WWF, a humanidade duplicou nos últimos 40 anos a súa pegada ecolóxica global e a poboación mundial empregou de media en 2007 o equivalente a 1,5 planetas para soster as súas actividades.

En España necesítanse casi 3,5 superficies como a do noso país para satisfacer o nivel de desenvolvemento actual. Este dato sitúa ao noso país entre as rexións que máis presionan á natureza. España está situada no posto 19 do mundo e no 12 de Europa en canto á maior pegada ecolóxica por persoa.

A receta segundo a WWF para salvar a Terra é: máis enerxías renovables e menos consumo de carne.

FONTE: CENEAM e WWF.

0 comentarios