Facebook Twitter Google +1     Admin

1 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL DE LOITA CONTA A SIDA

 

Cada 1 de decembro, Día Mundial da loita conta a SIDA, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xenerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e amosan solidaridade internacional ante a pandemia. Este evento brinda a todos os copartícipes, tanto públicos como privados, unha das oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances na materia de prevención, tratamiento e atención aos afectados nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

Según as cifras de 2008 publicadas pola OMS (Organización Mundial da Saúde), hai actualmente 33,4 millóns de afectados polo VIH. Estímase que este ano resultaron infectadas polo virus 2,7 millóns de persoas, e que 2 millóns morreron de SIDA. A África subsahariana continúa sendo a rexión máis afectada polo VIH. En 2008, dita rexión tiña o 67% das infeccións por VIH a nivel mundial, 68% dos novos casos nos adultos e o 91% das novas infeccións nos nenos.

O virus da inmunodeficiencia humana (VIH) infecta ás células do sistema inmunitario, alterando ou anulando a súa función. A infección produce un deterioro progresivo do sistema inmunitario, coa conseguinte "inmunodeficiencia". Considérase que o sistema inmunitario é deficiente cando deixa de poder cumplir a súa función de loita contra as infeccións e enfermidades. O síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA) é un término que se aplica aos estadios máis avanzados da infección por VIH e defínese pola presencia dalguna das máis de 20 infeccións oportunistas ou de cánceres relacionados co VIH. O VIH pode transmitirse polas relacións sexuales vaxinais, anais u orais cunha persoa infectada, a transfusión de sanque contaminada ou o uso compartido de agullas, xeringuas uo outros instrumentos punzantes. Tamén, pode transmitirse da nai ao fillo durante o embarazo, o parto e a lactancia.

01/12/2010 09:20. vgomez #. OUTRAS COUSAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.