Blogia
vgomez

HUMOR: DOPING

HUMOR: DOPING

 

A viñeta que hoxe (O Carrabouxo, xornal La Región, 12-12-2010) sérve para unha reflexión que ten moito "aquel", é dicir dá moito que pensar.

A nivel da rúa metemos no mesmo saco aos que acuden ao doping no deporte coas drogatas, e non é o mesmo. O doping non é en si mesmo unha drogodependencia, ao non ser os productos dopantes, ao menos a maioría, drogas xeradoras de dependencia. O doping é unha conducta inmoral e de tramposos, que o contra el espíritu do deporte. O doping defínese como o consumo de substancias co único fin e propósito de conseguir un aumento artificial do rendimento deportivo.

Se non chegaba coa operación Puerto, chegou a operación Galgo e queda aínda algo pendente: O futbol. O triste de todo esto é que por uns poucos imos meter no saco a todos os deportista. E despois? Que mesaxe imos transmirlle aos nosos fillos? Igual que na TV, que todo vale? Que o importante é triunfar e conseguir o que se pretende sexa como sexa?

Penso que temos que pararnos a meditar. Non todo vale!

0 comentarios