Blogia
vgomez

INTEGRAL

INTEGRAL

Ilustración do sistema Cygnus X-I formado por un astro masivo e un buraco negro que está roubándole materia en forma de gas / ESA

Non me estou a referir a un termo matemático senón a un observatorio orbital da Axencia Espacial Europea (ESA): International Gamma Ray Astrophysics Laboratory (INTEGRAL). A noticia está en que o citado observatorio captou materia un milisegundo antes de entar nun buraco negro, medido a polarización da luz emitida.

Cygnus X-1, é un sistema binario situado a uns 6.000 anos luz da Terra, na Constelación do Cisne, e está formado por unha estrela masiva e un buraco negro compañeiro que está arrancando e atraendo cara el a materia gasosa do astro, e emitindo en raios X.

Co Integral, que está deseñado para ver os raios gamma e os raios X, conseguíuse ver que os campos magnéticos que alí se atopan están fortemente estructurados, formando un túnel de escape polo que algunhas partículas fuxen no último instante da atracción definitiva do buraco negro e forman chorros de materia cara ao espazo, seguindo traxectorias espirais que seguen os campos magnéticos e iso afecta á súa polarización, cun patrón característico.

FONTE: El País

0 comentarios