Blogia
vgomez

DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO 2011

DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO 2011

Ramón María Aller Ulloa/ Imaxe:lavozdegalicia.es


O astrónomo  Ramón María Aller Ulloa protagonizará a edición  deste ano do Día do Científico Galego que se celebra o 26 de abril. A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) elixíuno por unanimidade. Entre os motivos para tomar esta decisión están o seu papel como introductor da astronomía como disciplina científica en Galicia e a súa contribución ao impulso dunha escola de investigadores do campo dos astros na nosa comunidade.

Ramón María Aller (Lalín-Pontevedra,1878-1966) foi, realmente, un personaxe singular. Un científico alentado pola curiosidade cuxa única aspiración era o coñecemento. Pero era, por encima de todo, un sacerdote, un home da Igrexa, cunha enorme devoción científica, que acabou converténdose tamén en pai da astronomía en Galicia. Dicía misa todos os días, aínda que non predicaba nin tiña parroquia, porque o seu exercicio sacerdotal era puramente vocacional e nunca quixo nin cobrar por iso nin acceder a ningún cargo relixioso. Morreu aos 66 anos no seu pobo natal.

Doutor en Teoloxía, doutor en Ciencias Exactas (Matemáticas) e catedrático e director vitalicio do observatorio de Santiago.

Como curiosidades dicir que estudou no colexio dos Xetuítas na Pasaxe, no noso concello e que hai un cráter na Lúa que leva o seu nome.

En anos anteriores foron adicados a:

2008 Profesor Dr. Enrique Vidal Abascal

2009 Profesor Dr. Isidro Parga

2010 D. Cruz Gallástegui Unamuno

0 comentarios