Blogia
vgomez

ESPONXA CARNÍVORA

ESPONXA CARNÍVORA

Asbestopluma hypogea / Imaxe:futura-sciences.com

Un grupo formado por científicos da organización internacional Oceana, a Universidade de Erlangen-Nürnberg, en Alemania e a italiana de Le Marche-Ancona descubriron a presenza de esponxas carnívoras ("Asbestopluma hypogea") en augas profundas do Mediterráneo italiano e español.

O descubrimento, publicado no último número da revista científica "Zootaxa", supón un necesario e importante primeiro paso cara a protección das áreas habitadas por esta especie. Tamén, espérase que beneficie a oturas especies como as ostras xigantes ou aos corais de profundidade, xa que o seu interese ecolóxico tamén é notable.

Ata o momento, só se rexistrara a presenza desta esponxa en tres covas submarinas do Mediterráneo, ao oeste e en zonas do Mar Adriático, concretamente en Francia e Croacia. A primeira foi descuberta na cova ’Trois Pépès’, preto de Marsella, a unha profundidade de entre 15 e 26 metros.

O achádego amplía o hábitat desta curiosa esponxa. Foi vista no exterior das covas, pousada sobre montes submarinos, nas Illas Baleares, ao norte de Sicilia e en empinadas escarpas batiais do Estreito de Sicilia. Os investigadores localizaron cinco novos enclaves e incluso atoparon exemplares de "Asbestopluma hypogea" a 700 metros de profundidade.

Debido á profundidade do seu hábitat, estas esponxas adaptáronse a vivir en entornos caracterizados pola escaseza de alimento. É por eso que aliméntanse de pequenos crustáceos que tardan máis de dez días en dixerir. Nunca foran avistadas en alta mar, xa que son fráxiles exemplares cuxo tamaño non supera o centímetro e medio.

FONTE:El Mundo

0 comentarios