Facebook Twitter Google +1     Admin

XÚPITER XA TEN 65 SATÉLITES COÑECIDOS

20110706172225-1309853601-3.jpg

Montaxe de Xúpiter e os satélites galileanos /NASA/JPL

Observacións recentes confirmaron a existencia de dúas novas lúas en torno a Xúpiter, elevando a 65 o número total de satélites coñecidos, mantendo así o récord como o planeta co maior número de lúas identificadas no sistema solar, seguíndolle de preto Saturno con 62 satélites confirmados.

O descubrimento, que se remonta ao pasado 7 de setembro, foi realizado grazas ao telescopio Hale de 5 metros do Monte Palomar (California) polos astrónomos Jacobson, Brozovic, Gladman e Alexander que realizando observacións viron indicios dun nuevo satélite en torno a Xúpiter. Á noite seguinte, Christian Veillet dirixíu o espello de 4-m do telescopio Canadá-Francia-Hawai (CFHT) cara ao xigante gasoso e non só confirmou o achádego do equipo de Jacobson, senón que descubríu outra lúa aínda menor.

As dúas lúas foron designadas provisionalmente como S/2010 J1 e S/2010 J2 (a letra S significa que trátase dun satélite, a cifra 2010 é o ano do descubrimento e J2 que é o segundo descubrimento realizado en Xúpiter nese ao. Este tipo de designacións son provisionais ata que os novos satélites reciban un nome definitivo, que acontece ser mitolóxico e relacionado con Xúpiter).

As observacións indican que os seus tamaños son de 2 km e 1 km, respectivamente, e que as súas órbitas son altamente irregulares (moi excéntricas e moi inclinadas). Ámbalas dúas orbitan nunha zona exterior do sistema xoviano e seguen un movemento retrógrado, é dicir, o sentido do seu movemento é contrario oa do xiro do planeta e ao das órbitas dos maiores satélites interiores.
Os catro maiores satélites de Xúpiter (Ío, Europa, Ganímedes e Calisto) foron descubertos por Galileo en 1610. Estes foron os primeros corpos do sistema solar que foron observados orbitando en torno a un corpo diferente do Sol e a Terra. Xúpiter con estas grandes catro lúas ten o aspecto dun sistema solar en miniatura,o que transmitíu ao astrónomo pisano unha gran confianza na teoría heliocéntrica de Copérnico.

Similares aos satélites de Galileo, aínda que moitísimo menores, hai outros cuatro satélites máis interiores: Amaltea, Metis, Adrastea e Tebe. Sen embargo, os outros 57 satélites coñecidos de Xúpiter (incluíndo os dous descubertos agora) son pequenos corpos que orbitan a distancias moito maiores do planeta, seguindo movementos a miúdo retrógrados e irregulares. Pénsase que a maior parte destas lúas foron asteroides que pasaban preto de Xúpiter nos momentos iniciais da súa formación e que fueron capturados en órbitas heteroxéneas.

Moitos destes asteroides rompéronse en anacos menores polas tensións orixinadas pola captura ou mediante colisións con outros corpos. Cada unha destas fragmentacións deu lugar a unha familia de satélites similares das que hai identificadas varias. Scott Sheppard, un dos maiores especialistas do mundo nos satélites de Xúpiter, realizouo unha compilación de tales familias  que podes ver nesta táboa .

Xúpiter é o planeta do sistema solar con máis satélites: 65, séguelle Saturno con 62, Urano con 27, neptuno con 13, Marte con 2 e a Terra con 1. De Mercurio e Venus non se coñecen satélites.

Naturalmente os planetas ananos (entre os que se atopan Plutón e Eris) tamén poden ter satélites e, de feito, coñecense, seis satélites desta clase.

FONTE: Artigo do astrónomo Rafael Bachiller, no xornal El Mundo (06/07/2011)

07/07/2011 22:58. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.