Blogia
vgomez

JUNO

JUNO

Despegue do foguete Atlas V na base espacial de cabo Cañaveral (Florida) coa nave Juno que se dirixe a Xúpiter / NASA

A nave interplanetaria Juno partíu ás 18:25 do pasado venres (hora peninsular española) con destino a Xúpiter, comenzando así unha longa viaxe de cinco anos nos que recorrerá 2.800 millóns de quilómetros para chegar ao planeta xigante. O lanzamento, nun foguete Atlas V, realizouse dende a base espacial de cabo Cañaveral (Florida, EEUU) con tres cuartos de hora de retraso debido a un problema rexistrado no último momento na segunda etapa do foguete.

Juno  é unha nave automática de tres toneladas e media, de 3,5 metros de alto e 3,5 de diámetro, sendo deseñada no Jet Propulsión Laboratory (California), o centro por excelencia da exploración espacial interplanetaria en EE UU. É a nave espacial máis veloz da historia, sendo capaz de acadar os 270.000 quilómetros por hora.

Esta sonda automática da NASA debe colocarse na órbita polar de Xúpiter o 4 de xullo de 2016. Alí, e durante un ano, cos oito instrumentos científicos que leva, estudará o campo gravitatorio do planeta, a súa estructura interna, o campo magnético, as auroras e a dinámica e composición química das nubes. Só unha nave espacial ata agora estivo na órbita xupiteriana, a  Galileo, tamén da NASA, que funcionou dende 1995 ata 2003.

Tralo lanzamento e o o desplegue dos seus tres grandes paneis solares, a Juno debe prepararse para a denominada fase de cruceiro, que consta de varias etapas. Na súa traxectoria a nave dará unha volta e media ao Sol. En outubro de 2013, cando teña recorrido xa 1.600 millóns de quilómetros, achegarase de novo á Terra para tomar o impulso gravitatorio que necesita para chegar ata Xúpiter.

Juno será a primera nave espacial que poderá ver en detalle os polos do planeta xigante. Estará nunha órbita de traballo moi elíptica que completará cada once días e cando teña cumplido 33 órbitas, terá sobrevoado todo o planeta; tendo transcurrido entón o ano de traballo previsto. Entón tomará unha traxectoria de impacto contra as capas altas de nubes do planeta para destruírse.

FONTE: El Mundo.


0 comentarios