Facebook Twitter Google +1     Admin

ACTIVIDADE SOLAR

 

O Sol alterna periodos de relativa tranquilidade con outros de gran actividade. Para estudialos, os científicos estableceron o que denominan ciclo de actividade solar. Os máximos solares rexístranse cunha periodicidade aproximada de 11 anos, aínda que esta pode variar. Segundo calculan os astrónomos, será en 2012 e 2013 cando o actual ciclo acade a súa máxima intensidade.

A erupción detectada o pasado 9 de agosto (X6.9) é tres veces máis grande que a do pasado mes de febreiro (intensidade X2.2), considerada ata agora a máis potente do actual ciclo solar. Naquela ocasión, a laparada non apuntaba directamente  cara a Terrra, polo que tampouco se rexistraron incidentes.

Os científicos clasifican estas erupcións de menor a maior intensidade, empregando as letras B, C, M e X. Cada unha destas categorías vai acompañada dunha escala numérica (do 1 ao 9). As catalogadas como X son, polo tanto, as máis fortes. As de intensidade B ou C non son capaces de producir consecuencias na Terra mentras que as de categoría M si poden afectar aos astronautas e aos nosos sistemas de comunicación. A letra A designa ás máis débiles.

O sistema de clasificación é similar ao da escala de Richter usado cos terremotos. A categoría X é dez veces maior que a M, e cen veces superior á C. Segundo destaca a NASA, o estoupido máis intenso captado ata agora ocurríu en 2003, durante o último periodo de máxima actividade solar rexistrado. Foi capaz de inutilizar os instrumentos que se empregaban para medir a actividade solar. Aínda que os equipos deixaron de funcionar cando a laparada acadou unha intensidade de X17, os científicos consideran que puido chegar a X45.

Os investigadores cren que o Sol produce unha cantidade de enerxía máis ou menos constante, aínda que a enerxía que escapa cara ao resto do Sistema Solar varía. O Sol compórtase como se fose un xigantesco imán e os científicos cren que o seu campo magnético é o que controlaría a enerxía que escapa da súa superficie.

Ademais de producir interferencias nos sistemas de comunicación, os científicos cren que as erupcións solares son capaces de alterar o campo magnético e o clima terrestre. Tamén, poden poñer en perigo aos astronautas senón se protexen adecuadamente. A pesar do risco, provocan tamén un dos fenómenos naturais máis fermosos que se poden observar na Terra: as auroras boreais.

FONTE: El Mundo


15/08/2011 13:23. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.