Blogia
vgomez

OKAPI

OKAPI

Okapi / Imaxe: National Geograhic/Jurgen & Christine Sohns/Gtres

Non se trata dun enigma, aínda que o parece, pois é un animal que ten a cabeza de xirafa, raias de cebra, corpo de cabalo e unha lingua azul tan loga que con ela pode limpar as súas orellas.

É un herbívoro africano, o Okapi (Okapia johnstoni), o parente vivo máis próximo a xirafa. Hoxe pénsase que hai 15.000 exemplares salvaxes, aínda que son difíciles de ver pois escóndense entre a penumbra das tupidas selvas do norte da República Democrática do Congo entre os ríos Uelle, Ituri e nas selvas de Aruwimi.

Mide de 1,97 a 2,15 m de longitude; a súa cola, de 30 a 42 cm; mide entre 1,50 e 1,80 m de altura á cruz e pesa de 200 a 300 kg. Os okapis son animais predominantemente solitarios que de forma ocasional viven en parella ou en pequenos grupos familiares. A esperanza de vida ronda os 30 anos.

0 comentarios