COGOMELOS RAROS QUE SE ATOPAN EN GALICIA VIII
Continúo coa serie adicada aos cogomelos moi particulares ou raros que podemos atopar en Galicia, que coa chegada ao outono as condicións meteorolóxicas son idóneas para a proliferación destes fungos, polo que é a estación do ano na que máis especies agroman.
8. FUNGOS PARASITOS DE FUNGOS
Coñecemos os fungos que parasitan as árbores e as plantas, e incluso coñecemos seguramente aos Cordyceps, parasitos de insectos… Pero tamén existen os fungos parasitos de fungos. Neste caso, Asterophora lycoperdoides é o aproveitado no reino dos fungos. É un parasito de netorras (xénero Russula) que aparece despois de grandes frutificacións de Russula no outono. Este pequeno fungo pode enganar porque ten forma de cogomelo. E é aínda máis curioso, xa que pese a ter unha apariencia moi similar ao champiñón, non ten láminas desenvolvidas. Polo que, para reproducirse, faino mediante esporas asexuais que libera pola parte superior do seu chapeu.
Continuará…
FONTE: Nadia Iglesias/gciencia.gal/medioambiental Imaxe: Wikimedia Commons
0 comentarios