CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? X
Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.
A contestación correcta á pregunta de onte é Monarquía constitucional. Dentro da súa conformación política de Paises Baixos, o rei desempeña o poder executivo e ratifica a libre elección do primeiro ministro polo pobo. O poder lexislativo está representado polo que ata hoxe día denomínanse Estados Xerais (Parlamento), as cales consisten en dous cámaras de representación lexislativa. O poder xudicial é representado polas Asembleas Provisionais, as cales tamén son elixidas por sufraxio directo. Cada provincia está gobernada por un comisionado ou gobernador designado polo rei, e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. As provincias teñen varias municipalidades, cada unha delas gobernada por unha xunta elixida popularmente e un burgomestre ou alcalde nomeado polo monarca. Así mesmo, as municipalidades especiais de Bonaire, San Eustaquio e Saba, localizadas no chamado Caribe Neerlandés, forman parte do territorio dos Países Baixos desde o 10 de outubro de 2010, pero non forman parte de ningunha provincia.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é o punto máis alto do Reino de Paises Baixos?
- Vaalserberg
- Zuidplaspolder
- Mount Scenery
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e commos.wikipedia.org
0 comentarios