Facebook Twitter Google +1     Admin

ANDASOL

20111022091053-planta-de-andasol.jpg

Paque termosolar de Andasol / Imaxe:puertasautomaticasediciones.com

Nunha planicie preto de Serra Nevada, no Marquesado de Zenete, cercana a Guadix (Granada), xurdíu nos últimos anos un espectacular complexo de espellos parabólicos que seguen ao Sol, de leste a oeste, todolos días. Polo foco de cada grupo de espellos, ou colector, a través dun tubo de cristal especial, circula un aceite que aumenta de 300 a 400 graos a súa temperatura ao longo do circuito ao concentrarse nel os raios solares, para despois ceder a súa calor á auga que, en forma de vapor, move unha turbina. Así transfórmase a enerxía solar en electricidade, como nunha central térmica convencional, pero partindo do sol, fonte limpa e gratuíta e non do carbón ou do gas.

Parte desta enerxía recollida ao longo do día a través dos colectores almacénase en forma de calor en enormes depósitos de sales fundidas para poder seguir xerando electricidade oito horas máis tralo ocaso. Andasol, cuxos promotores son cinco empresas alemanas,  é xa, coa posta en funcionamiento este mes da terceira fase, o maior parque termosolar de Europa; pero é, sobre todo, unha notable obra de enxeniería sobre a que se basarán futuras instalacións deste tipo no sur de Europa e tamén no norte de África.

Máis de 600.000 espellos, de entre 2 e 2,8 metros de lado. Ocupan moito espazo, equivalente a uns 210 campos de fútbol, para producir unha potencia total relativamente modesta -150 megavatios-, pero que é suficiente para servir a medio millón de habitantes e que -un dato moi importante- aforrará 450.000 toneladas de CO2 anuais.

Andasol 3, construída en só dous anos, representa unha inversión de máis de 350 millóns de euros e prevé ter uns 50 postos de traballo permanentes. O proxecto seguinte é Extremasol, moi parecido, en Villanueva de la Serena (Extremadura), que rematarase de construír dentro de dous anos.

FONTE: Xornal El País

23/10/2011 09:59. vgomez #. ZONA VERDE

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next