Blogia
vgomez

DÍA MUNDIAL DA AUGA

DÍA MUNDIAL DA AUGA

 

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1993 a resolución A/RES/47/193 pola que o 22 de marzo de cada ano fose declarado Día Mundial da Auga, a celebrarse a partir de 1993, en conformidad coas recomendacións da Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento contidas no Capítulo 18 (Recursos da Auga Doce) da Axenda 21. Invitouse entón aos diferentes Estados a consagrar este día, no marco do contexto nacional, á celebración de actividades concretas como o fomento da conciencia publica a través da producción e difusión de documentais e a organización de conferencias, mesas redondas, seminarios e exposicións relacionadas coa conservación e desenvolvemento dos recursos hídricos así como coa posta en práctica das recomendacións da Axenda 21.

Sempre, en especial neste ano tan seco, debemos seguir uns consellos para un aforro eficiente e resposble da auga:

* Repara as billas que goteen. Aforrarás unha media de 170 litros de auga ao mes.

* Cerra a billa mentes te enxaboas as mans, te lavas os dentes ou te afeites. Por unha billa aberta corren ata 12 litros de auga por minuto.

* Dúchate en lugar de bañarte, e cerra a billa mentres te enxaboas. Aforrarás unha media de 150 litros cada vez.

* Non utilices o váter como caldeiro do lixo. Coloca unha papeleira no baño.

* Utiliza cisternas de dobre descarga para gastar só a auga que necesites. Se a cisterna do teu cuarto de baño non é de dobre descarga, podes meter dentro unha ou varias botellas de plástico cheas de auga: podes reducir o gasto de auga á metade.

* Compra electrodomésticos ecolóxicos e utilízaos sempre a carga completa (os programas de media carga gastan máis da metade). Unha lavadora pode gastar ata 90 litros cada vez que a utilizas (según as marcas e modelos). Un lavalouzas, ao redor de 30.

* Non deixes a billa aberta para que se arrefríe a auga, xa sabes que por unha billa aberta corren ata 12 litros de auga por minuto. Acostuma a poñer unha xarra ou botella na neveira.

* Emprega cuncas, barreños para lavar a froita, a verdura, os pratos, os cacharros... Se tes un fregadeiro de dúas cubetas, usa unha para enxaboar e a outra para aclarar.

* Rega as plantas ao anoitecer e ao amencer e eveitarás pérdas de auga por evaporación. Aproveita para regar a auga sobrante das xerras de comida, de lavar as verduras... Recolle a auga da ducha fría antes de que saia a quente e poderás aproveitala para o rego.

* Emprega sistemas automáticos de rego por aspersión ou por goteo. Evita utilizar a mangueira. O uso de plantas autóctonas en xardinaría axuda ao aforro e mantemento dos nosos xardíns.

Aforra auga!

0 comentarios