A 10.935 METROS DE PROFUNDIDADE
O empresario e submarinista estadounidense Victor Vescovo superou o récord mundial do cineasta James Cameron ao mergullarse a 10.935 metros de profundidade na sima Challenger, na Fosa das Marianas, onde achou unha bolsa de plástico e envoltorios de caramelos, anunciou este luns a expedición Five Deeps.
Vescovo, de 53 anos e que leva un ano na súa travesía para mergullar nos puntos máis fondos dos cinco océanos, permaneceu no interior do seu sumerxible durante máis de catro horas na conca, situada nas rochas das Marianas, o punto máis profundo coñecido do Pacífico.
Nun comunicado divulgado pola expedición, Vescovo describiu o fondo do océano como unha conca beixe cunha grosa capa de cieno, onde poden verse "algúns animais pequenos, transparentes que ondulan xentilmente".
"Definitivamente, hai vida no fondo mesmo do océano", engadiu.
Co seu descenso, que protagonizou o pasado 28 de abril, superou o anterior récord de sumersión, establecido en 2012 polo director cinematográfico James Cameron, que alcanzou unha profundidade de 10.915 metros nesa mesma sima das Marianas.
FONTE: elpais.com/ciencia
0 comentarios