As mellores imaxes aéreas do 2024: fotos galardoadas no Drone Photography Awards
Desde o aire podemos observar os segredos mellor escondidos da natureza, ou as consecuencias da actividade humana, desde o alto. Non te perdas estas fascinantes imaxes!
O proxecto Siena Awards presenta unha nova edición da súa icónico certame fotográfico Drone Photo Awards, e os gañadores deste 2024 xa foron anunciados. Competindo por distintos premios e categorías, os participantes teñen todos dúas cousas en común: un dron e moitas ganas de mostrar o seu talento ao mundo.
Xiaoying Shi / Siena Awards
Estados Unidos reúne unha colección de paisaxes moi variadas que van desde grandes extensións de verdes bosques ata desertos con formacións rochosas realmente interesantes. Este en concreto corresponde aos cumes de Factory Butte, no estado de Utah, ao oeste do país. O seu terreo erosionado forma unha serie de texturas que protagonizan esta colorida fotografía, gañadora da categoría "natureza".
Para ver a galería coas fotografías galardoadas na edición deste ano, só tes que premer QUÍ.
FONTE: droneawards.photo e nationalgeographic.com.es
0 comentarios