Blogia
vgomez

XESTO AMBIENTAL DO MES DE NOVEMBRO

As tarefas de limpeza tamén adoitan supoñer que, ao longo do ano, decenas de plásticos acaben no lixo: botes de fregapratos, deterxente, estropallos, bolsas de lixo, etcétera. A maioría destes produtos teñen alternativas sen plástico, e novembro pode ser un bo mes para ir expondo o cambio a algunhas delas cando chegue o momento de substituír os produtos de limpeza do fogar. Por exemplo:

- Fregapratos: existen tanto en pastilla como en escamas de xabón que, ademais, poden diluírse en auga para utilizalos en formato líquido.

- Deterxente: os formatos en po adoitan utilizar envases de cartón.

- Fregasolos: do mesmo xeito que outros moitos produtos de limpeza, pode atoparse a granel en tendas especializadas. Lembra conservar o teu antigo envase para enchelo.

- Panos desbotables: poden substituírse por unha reutilizable de fibras vexetais ou por panos lavables.

- Estropallo: existen alternativas de procedencia vexetal, como a luffa, os cepillos de fibras vexetais ou os estropallos de coco; e de cobre ou aceiro inoxidable. Tamén os de estopa ou yute de toda a vida, que venden en rolos en ferraxerías. Así, ademais, evitamos que cheguen a casa sobreenvasados.

- Bolsas de lixo: polo momento, teñen difícil substituto, aínda que moitos blogues de  plasticarianos recomendan crealas con outros desperdicios, por exemplo, facendo sobres ou paquetes con folletos publicitarios de papel.

FONTE: P. Cantó/L. Bou (Ilustración)/Verne/elpaís.com

0 comentarios