DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS 2026
O océano cobre máis do 70% do planeta. É a nosa fonte de vida e sustento da humanidade e de todos os demais organismos da Terra.
Proba diso é que o océano produce polo menos o 50% do osíxeno do planeta, alberga a maior parte da biodiversidade da terra e é a principal fonte de proteínas para máis de 1000 millóns de persoas en todo o mundo. Ademais resulta clave para a nosa economía, xa que se estima que, para 2030, haberá ao redor de 40 millóns de traballadores en todo o sector relacionado cos oceános.
Con todo, a pesar de todos os seus beneficios, necesita máis apoio que nunca.
Co 90% das grandes especies marítimas de peces mermadas e o 50% dos arrecifes de coral destruídos, estamos a extraer máis do océano do que se pode repoñer. Debemos traballar xuntos para crear un novo equilibrio no que non esgotemos todo o que este nos ofrece, senón que restauremos a súa vitalidade e devolver unha nova vida.
Reimaxina, tema do Día Mundial dos Océanos 2026, invítanos a cambiar a forma en que vemos e coidamos o océano. Durante moito tempo percibímolo como algo afastado, cando en realidade forma parte da nosa vida diaria: do aire que respiramos, dos alimentos que consumimos e do equilibrio climático que fai posible a nosa existencia. Deixemos de ser simples beneficiarios dos seus recursos e convertámonos en verdadeiros gardiáns do seu futuro.
Implícate!
FONTE: un.org/es Imaxe:.instagram.com
0 comentarios