CANTO SABES DE XEOLOXÍA? VI
Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Os efectos que produce o terremoto. A magnitude é unha medida do tamaño do terremoto, sendo un indicador da enerxía que liberou. Pola contra, a intensidade é unha medida do tamaño do terremoto baseada nos efectos que produce (sobre as persoas, os obxectos, as construcións e o terreo).
E imos coa pregunta de hoxe!
6. O Himalaia é a cordilleira máis alta da Terra, con 8.850 m s. n. m. de altura, segundo a medición máis recente, publicada en decembro do 2020. Pero, xeoloxicamente, cal é a súa orixe?
- Zona de diverxencia ou separación das placas India e Euroasiática
- Zona de colisión da placa India e a placa Euroasiática
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Propia e e.wikipedia.org Iamxes: gl.wikipedia.org
0 comentarios