CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? IV
A resposta á pregunta do día anterior é FINLANDIA. Pero non só ten 1.000 senón moitos, moitísimos máis: decenas de miles de lagos. En total, 187.888 lagos; hai practicamente un por cada 26 habitantes. Os lagos de maior tamaño teñen unhas superficies de 1.000 a 4.400 km2, non en balde, o 10% do país está cuberto por estas reservas de auga doce.
E imos coa pregunta de hoxe...
4. Onde se atopa a rexión máis pobre do mundo?
- En Zimbabue
- En Honduras
- En Sahel
- En Nepal
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante
0 comentarios