Blogia
vgomez

MULTIPLICAR CONTANDO "RAIAS"

 

Por que funciona?  Porque descompuxen os meus números de dúas cifras en decenas e unidades, e cando multiplico unidades por unidades obteño unidades, cando multiplico unidades por decenas, obteño decenas, e cando fago decenas por decenas obteño centenas.

Para desenvolver as parénteses apliquei a propiedade distributiva, e na paréntese central do resultado hei recuadrado o que queda no centro do diagrama de rectas: 3x2=6 puntos e 2x1=2 puntos, 8 puntos en total. En realidade son 30 veces 2 (ou dúas veces 30, dá o mesmo aínda que non sexa o mesmo) e dúas veces 10, en total 60 máis 20 son 80, de toda a vida.

É maxia iste método, coñecido como "xaponés" que non se necesita coñecer as táboas para calcular os produtos?

Non é maxia, son só matemáticas: é a mesma relación que se dá en calquera disposición rectangular (matriz). Sempre atopamos tantos elementos como o número de filas multiplicado polo número de columnas. Por poñer un exemplo, nun edificio de catro alturas hai cinco balcóns por planta, en total haberá 20 balcóns.

FONTE: Xornal El País/Verne

0 comentarios