Blogia
vgomez

CANTO SABES DOS INSECTOS? II

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é Mosquitos. O animal máis mortífero é o mosquito, ao que só o ser humano fai competencia de preto. Case 700 millóns de persoas contraen algunha enfermidade causada por un mosquito cada ano. E máis dun millón delas morren. A malaria é unha destas enfermidades, pero non é nin moito menos a única. Febre amarela, dengue, chikungunya, virus zika… todas estas enfermidades son só algunhas das causadas por estes insectos.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

2. Se as cascudas tivesen o tamaño dun humano alcanzarían unha velocidade de máis de 300 Km/h.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es/natureza

0 comentarios