Blogia
vgomez

ZONAS ESCURAS E MISTERIOSAS DE MARTE

ZONAS ESCURAS E MISTERIOSAS DE MARTE

Zonas escuras e misteriosas de Marte / Imaxe:Universidade Arizona

Zonas escuras e misteriosas, como as da foto, cubren máis de 10 millóns km2 no hemisferio norte marciano. De que está feito este singular terreo é algo que ata agora escapou ás análises dos investigadores. Porén, novos datos da Mars Express suxiren que esas grandes áreas poden estar feitas de cristais, seguramente forxados en antigos volcáns xa extintos do Planeta Vermello. Segundo investigadores da Universidade Estatal de Arizona, trátase de zonas principalmente basálticas e que poden atoparse en moitos lugares do planeta. Analizando ao infravermello moitas desas áreas, utilizando os instrumentos da misión Mars Express, encontráronse coas bandas de absorción típicas do ferro que conteñen os cristais volcánicos, unha substancia brillante e similar á obsidiana que se forma cando o magma se arrefría moi rápido como para que os seus minerais cristalicen. A menudo, eses cristais toman a forma, e o tamaño, de grans de area, e aquí, na Terra, poden encontrarse en lugares como Islandia. Sen embargo, no noso planeta a formación destes cristais teñen moito que ver coa presenza de auga. Descoñécese como se puideron formar tamén en Marte, ainda que os investigadores pensan que existe a posibilidade de que o magma dos volcáns marcianos se mesturasen co xeo e, posiblemente, con neve. Por suposto, esas condicións fan destas rexións escuras candidatas perfectas para buscar signos de vida, algo que non escapoua á atención dos investigadores, que xa planean novas formas de investigar ese tipo de formacións.

FONTE:"El Blog": Ciencia y Tecnoloxía de José Manuel Nieves/Xornal ABC

0 comentarios