Facebook Twitter Google +1     Admin
20130407113357-caducidade-iogures.jpg

Caducidade dos iogures / Imaxe: segre.com


A decisión do Goberno de eliminar a data caducidade dos iogures (ata agora era de 28 días dende a súa elaboración) e substituíla por unha data de consumo preferente que establecerán libremente os fabricantes desatou reaccións a favor e en contra por parte das asociacións de consumidores e produtores. A decisión sobre o consumo recae agora no consumidor.

Que diferenza hai entre ámbalas dúas datas? A data de caducidade indica ata cando un produto é seguro para o consumo e afecta aos alimentos moi perecedoiros e con risco microbiolóxico, como carnes e peixes crus e frescos, a pastelaría ou algúns produtos lácteos (ata o pasado 29 de marzo tamén afectaba ao iogur). Unha vez que caducou, o produto non debe consumirse porque existe o risco de que estea en mal estado ou teña bacterias patóxenas. Para aproveitar os alimentos que van caducar pronto, a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) suxire conxelalos. Iso si, ao desconxelados hai que consumilos en menos de 24 horas.

A etiqueta de consumo preferente aplícase a produtos máis duradeiros e indica a data a partir da cal o produto vai perdendo ou cambiando parte das súas propiedades organolépticas (sabor, aroma, textura, cor, etc). Non obstante, aínda que estea rancio ou cambie a súa textura ou cor, se se conservou de xeito axeitado, o seu consumo despois da data non entraña riscos para a saúde.

Esta mefida foi tomada, segundo o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), para incorporar a lexislación europea á española e reducir a dilapidación de alimentos (a medida enmárcase nunha campaña denominada "Máis alimento, menos desperdicio" que pretende reducir á metade a comida que se tira cara a 2025).

FONTE: Xornal El Mundo/Economía

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.