Blogia
vgomez

OS 100 VOLCÁNS QUE TEN ESPAÑA (I)

Mapa dos volcáns de España / Antonio del Ramo Jiménez

España conta con dúas áreas volcánicas consideradas activas (aquelas onde se produciron erupcións nos últimos 10.000 anos), que son as illas Canarias e a comarca da Garrotxa, en Xirona, pero tamén hai volcáns inactivos en Cabo de Gata (Almería), Cofrentes (Valencia), as Illas Columbretes (Castellón) e Campo de Calatrava (Ciudad Real). En total, son un case 100 os volcáns que ten España.

Segundo explica o Instituto Xeográfico Nacional (IGN), hai que diferenciar, por unha banda, o vulcanismo que se localiza no ámbito peninsular e nalgunhas das súas illas próximas e, por outra, o que se atopa en Canarias.

Mentres a orixe do primeiro está relacionado coa colisión entre as placas africana e euroasiática, o de Canarias estao coa formación dun punto quente no interior dunha placa oceánica, situada no contacto co continente africano.

Actualmente Canarias é a única zona de risco volcánico elevado en España e as illas da Palma, Tenerife e Hierro as de maior actividade, segundo indica o IGN. Neste arquipélago producíronse todas as erupcións volcánicas rexistradas nos últimos séculos en España, sete delas na illa da Palma.

A outra zona considerada activa, aínda que sen que rexistrase ningunha erupción desde hai miles de anos, é a comarca da Garrotxa, en Xirona, onde se atopa o Parque Natural da Zona Volcánica do mesmo nome.

Volcán da Garrotxa / Pinterest

Na área hai 40 conos volcánicos, entre os que se atopan o volcán de Santa Margarida, no municipio de Santa Pau, cuxa última erupción tivo lugar hai 11.000 anos; o Croscat, de tipo estromboliano, o máis novo e o máis grande da zona e tamén o de maior tamaño da península ibérica.

Continuará!

FONTE: Elaborado a partir artigo publicafo en farodevigo.es

0 comentarios