Blogia
vgomez

DÍA MUNDIAL SEN TABACO

DÍA MUNDIAL SEN TABACO

O Día Mundial Sen Tabaco celébrase tal día coma hoxe en todo o mundo, o 31 de maio de cada ano. Esta celebración anual informa o público acerca dos perigos que supón o consumo de tabaco, as prácticas comerciais das empresas tabaqueiras, as actividades da OMS para loitar contra a epidemia de tabaquismo, e o que as persoas de todo o mundo poden facer para reivindicar o seu dereito á saúde e a unha vida sa, e protexer ás futuras xeracións.

O tabaco mata cada ano a máis de 8 millóns de persoas e destrúe o noso medio ambiente, prexudicando aínda máis a saúde das persoas debido ao cultivo, a fabricación, a distribución, o consumo e a eliminación dos produtos de tabaco.

Ao fumar, non só os fumadores son afectados, tamén son afectados as persoas máis próximas, os fumadores pasivos.

Fai un esforzo, por ti e polos demais. Deixa de fumar!

FONTE: who.int/es      Imaxes: amazon.es e clinicalascondes.cl

0 comentarios