COMPROMISO MEDIOAMBIENTAL NO TRANSPORTE MARÍTIMO
Segundo datos publicados pola Organización Marítima Internacional (IMO), o 90% do comercio mundial depende do transporte de mercadorías a través de barcos. Coches, gando ou adornos de Nadal (un dato curioso: practicamente o 70% dos produtos decorativos do Nadal provén de China e chegan en contedores aos portos) viaxan a través do mar nos 50.000 buques de mercadorías que operan no planeta. Cada ano o transporte marítimo medra e a tendencia parece que continuará polo menos durante o próximo lustro. Pero esta actividade que garante un bo número de postos de traballo de forma directa e indirecta é tamén una das principais causas de contaminación ambiental do mundo, co agravante de que de cando en cando se pon o foco sobre ela. Tanto é así que nin o protocolo de Kioto nin o máis recente acordo sobre o clima COP21 mencionan o transporte marítimo, aínda que segundo estimacións da ONG Transport and Enviroment, os 20 buques máis grandes do mundo verten máis xofre na atmosfera que todo o transporte por estrada do mundo; ademais, tamén son responsables segundo datos da propia IMO da produción de 800 millóns de toneladas de CO2 anuais, o que representa o 2% do total mundial.
Para Enrique Arriola, CEO do estaleiro tecnolóxico cántabro Metaltec Naval, o principal problema é que “non é fácil conxugar viabilidade e sustentabilidade. No ámbito terrestre sucede o mesmo”. Eles, con todo, si que se atopan plenamente comprometidos para conseguir que o transporte de mercadorías e pasaxeiros en barcos non sexa dañiño para o medio ambiente. Boa proba diso é o Ecocat, o primeiro catamarán de pasaxeiros electrosolar de Europa, que permite transportar ata 120 persoas sen usar ningún tipo de combustible fósil. Os 120 paneis solares que incorpora a embarcación permítenlle navegar ata oito horas sen necesidade de recargas, grazas a un sistema de ás despregables e retráctiles que aumentan a súa capacidade de captación de enerxía solar mentres está en movemento. O catamarán está, ademais, fabricado en aluminio, un material lixeiro, resistente, non combustible e 100% reciclable, polo que o compromiso ambiental de Metaltec parte desde a mesma concepción do proxecto.
Aínda que o transporte marítimo non ten fácil situarse na senda da responsabilidade total para favorecer modelos menos contaminantes (de feito, un recente estudo da universidade de Manchester sinalaba que os combustibles alternativos eran aínda unha quimera), os últimos acordos impulsados pola IMO sinalan o inicio dunha maior comprensión por parte das grandes navieras. Neste sentido, Arriola é optimista: “no ámbito marítimo imos ser elétricos dentro de dez anos nunha gran medida. Imos ver barcos autónomos e eléctricos para transportar persoas e mercadorías”. Oxalá estea no ciertio e en pouco tempo, ademais de falar de “branco nadal” como na panxoliña, tamén podemos ver un “limpo nadal”…
FONTE: José L. Álvarez Cedena/elpais.es
0 comentarios