CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS VII
A contestación correcta á pregunta do día anterior é Falso. Foi a sonda Venera 3 a que chegou á superficie do planeta Venus o 1 de marzo de 1966, converténdose por iso na primeira nave terrestre en impactar noutro planeta. Formaba parte do programa de exploración espacial soviético e foi lanzada o 16 de novembro de 1965.
E imos coa proposta para hoxe:
7. O home que tivo a sorte de dar o primeiro paseo espacial foi...
- Alexéi Leonov
- Frank Borman
- Dmitri Zaikin
Mañá a solución e unha nova proposta.
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios