ARTE CONTEMPORÁNEA
A arte contemporánea aquela arte xurdida a partir da eclosión vangardista dos inicios do século XX. Estas propostas artísticas, distinguíronse por presentar unha serie de ideas que revolucionaron a institución da arte, como a ruptura cos modelos tradicionais ou o seu carácter crítico e experimental, temos de exemplo os movementos artísticos contemporáneos como o fovismo, o expresionismo, o cubismo, o futurismo, o neoplasticismo, o dadaísmo e o surrealismo.
Hai uns días rematou a feira ARCO de arte contemporánea con moito éxito.
Entende todo o mundo este tipo de arte? A arte moderna é un idioma e, como todos os idiomas, esixe unha aprendizaxe. Unha cousa é que non guste, ou que non se entenda, e outra a reacción violenta e agresiva que, desafortunadamente, provoca en tantas ocasións, mesmo en persoas, como o ministro inglés Howell, que cualificou de “merda conceptual” as obras dos catro artistas seleccionados do ano 2002 para premio Turner, que se concede cada año na Tate Gallery de Londres.
A viñeta de El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947) no xornal El País do pasado día 4, trata precisamente este tema.
Concluínte!
0 comentarios