O CINE 3D
O cine 3D ou cine en tres dimensións é unha das opcións nas que se ofertan a maioría das películas de hoxe en día, dende que a película "Avatar" marcou un fito importante neste formato. Pero en realidade o 3D "sempre" estivo presente no cine.
O primeiro sistema de cine en 3D presentado foi en 1890 da man de William Freese-Greene, seguido da primeira pelícua en 3D ("The Power of Love") en cines alá polo ano 1922, continuado cun novo dinamismo imprimido por Arch Oboler coa invención do sistema Space-Vision 3D e mellorado cos sietemas IMAX 3D dos anos oitenta, coa primeira película proxectada neste sistema "Space Station", aínda que o verdadeiro boom comercial en IMAX 3D foi "The Polar Express" antes de chegar ao actual 3D en cines e xa incipientemente presente en TV.
Nesta infografía de Estudio90grados teredes a oportunidade de coñecer polo miúdo este sistema.
0 comentarios