O DESERTO DO SÁHARA
O Deserto do Sáhara é un dos maís grandes do mundo, localizado no Norte de África, cunha área total de 9.065.000 km2, sendo apenas un pouco menor que a de Europa (10.400.000 km2). Nel viven preto de 2,5 millóns de persoas, distribuídas por Mauritania, Marrocos, Sáhara Occidental, Libia, Exipto, Malí, Níxer, Arxelia, Tunisia, Sudán e Chad.
As fronteiras do Sáhara son: o Océano Atlántico ao oeste, as montañas do Atlas e o Mar Mediterráneo ao norte, o Mar Vermello ao leste e o val do Río Níxer ao sur.
O Sáhara divide o continente africano en dous: África Norte e Subsahariana. A fronteira sahariana ao sur é marcada por unha faixa semiárida de sabana chamada Sahel, e ao sur de Sahel atópase a rexión chamada o Sudán.
Este vídeo, de imaxes espectaculares, amósanos un día nese deserto.
0 comentarios