Blogia
vgomez

10 CURIOSIDADES SOBRE A LÚA (I)

10 CURIOSIDADES SOBRE A LÚA (I)

Lúa Chea / Imaxe: abc.es

O noso satélite, a Lúa, fascinou á humanidade dende que foi distinguido no ceo. Imos ver algunhas curiosidades á luz dos últimos descubrimentos. Comezaremos pola primeira: HAI AUGA NAS PROFUNDIDADES DA LÚA

En efecto, é o achado sobre a Lúa máis recente, dado a coñecer fai tan só uns días pola NASA. Os científicos xa sabían con antelación que existen depósitos de auga xeada no fondo dos cráteres lunares e moléculas do líquido elemento nos seus minerais, pero agora encontraron na superficie lunar auga en forma de partículas cunha procedencia completamente distinta. Trátase de «auga magmática», que chega das profundidades do satélite e dunha fonte descoñecida.

O achado foi levado a cabo a partir dos datos do Instrumento M3 da cápsula india Chandravaan 1.


0 comentarios