Facebook Twitter Google +1     Admin

QUE É O FRACKING?

Publicado: 05/09/2013 08:55 por vgomez en ZONA VERDE

 

Por desgraza, e na procura de fontes de enerxía, estase a falar nos medios de comunicación dunha técnica coñecida como fracking. Pero que é, en que consiste e cales son os seus ricos?

O fracking é unha técnica para extraer gas natural de depósitos non convencionais. Trátase de explotar o gas acumulado nos poros e fisuras de certas rochas sedimentarias estratificadas de gran fino ou moi fino, xeralmente lousas ou margas, cuxa pouca permeabilidade impide o movemento do gas a zonas de máis doada extracción. Para iso é necesario realizar centos de pozos ocupando amplas áreas (a separación entre eles rolda entre 0,6 a 2 km) e inxectar neles millóns de litros de auga cargados cun cóctel químico e tóxico para extraelo. (Sábese que hai polo menos 260 substancias químicas presentes en ao redor de 197 produtos, e algúns deles sábese que son tóxicos, canceríxenos ou mutaxénicos).

Pero, cales son os riscos deste método?

. Riscos durante a perforación: Riscos de explosión, escapes de gas, escapes de ácido sulfhídrico (moi tóxico en baixas concentracións), e derrubas da formación sobre a canalización. Entre as substancias disoltas a partir da fracturación rochosa, onde está o gas e durante o proceso de fractura, se encontran metais pesados, hidrocarburos e elementos naturais radiactivos.

. Contaminación de acuíferos: Posibilidades de que unha das fracturas inducidas alcance un acuífero, contaminando a auga cos fluídos da fracturación e co propio gas da formación que se pretende extraer. Cada perforación, necesita uns 200.000 m3 de auga para a fracturación hidráulica. Tendo en conta que os aditivos químicos adoitan supoñer entorno a un 2% do total de auga introducida, isto supón que en cada pozo se inxectan 4.000 toneladas de produtos químicos altamente contaminantes, estes retornan á superficie (só un 15-80%-80 destes) tendo que ser depurados, se ben non se detallan técnicas reais de depuración e cantidade de fluído que puidesen ser retornados unha vez depurados.

. Contaminación do aire: Moitos destes aditivos son volátiles pasando á atmosfera directamente. Por outro lado para o acondicionamento e inxección na rede de subministración, unha cantidade deste gas, en maior ou menor grao dependendo da calidade da explotación, pasará á atmosfera por escapes e acondicionamento deste. O gas non convencional extraido está formado por metano na súa gran parte. Este é un gas de efecto invernadoiro moito máis potente na atmosfera, que o propio CO2, en concreto, 23 veces máis potente que os gases que se xeran na súa combustión.

. Terremotos: Constatouse un aumento da sismicidade coincidindo cos períodos de fracturación hidráulica. De singular perigosidade nas proximidades de centrais hidroeléctricas, nucleares, centros loxísticos de almacenamento de combustibles, refinarías, oleodutos, etc.

. Ocupación do terreo: Adóitanse perforar de 1.5 a 3.5 plataformas por km2, cunha ocupación de 2 hectáreas por cada unha, o que supón un grande impacto paisaxístico. O período de ocupación de cada un destes pozos é dependendo da riqueza enerxética interna do subsolo variable entre 5 e 7 anos.

. Especulación económica: Déixase entrever unha gran forza dos lobbys enerxéticos estadounidenses para vender o produto da súa experiencia e investigación tras anos de ensaios e erros. Pode entrar en xogo a especulación de que cada país faga crer aos demais os ricos potenciais deste gas que no seu interior albergan os seus subsolos. 

FONTE: partidoequo.es

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.