OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE XI
A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é a calor do Sol non pode disiparse no espazo exterior. A maior parte da enerxía que chega ao noso planeta procede do Sol. Vén en forma de radiación electromagnética. A radiación entrante solar pódese dispersar na atmosfera ou ser reflectida polas nubes e os aerosois. A superficie terrestre pode reflectir ou absorber a enerxía solar que lle chega. A enerxía solar de onda curta transfórmase na Terra en calor. Esa enerxía non se disipa, atópase como calor sensible ou calor latente, pódese almacenar durante algún tempo, transportarse en varias formas, dando lugar a unha gran variedade de tempo e a fenómenos turbulentos na atmosfera ou no océano.Finalmente volve ser emitida á atmosfera como enerxía radiante de onda longa.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cantos litros de auga pode chegar a contaminar unha pila común?
- Ata 1.000
- Ata 2.000
- Ata 3.000
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e cambia.pe Imaxe: eleconomista.com
0 comentarios