Blogia
vgomez

BANDEIRAS DO MUNDO LXXIV

Esta é a bandeira de Nicaragua (República de Nicaragua), un país ubicado no istmo centroamericano. Conta cunha poboación que rolda os 6 millóns de habitantes, sendo a súa capital Managua. O idioma oficial é o español.

A bandeira está formada por tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de ton azul as exteriores, e de cor branco a central, en cuxo centro, figura o Escudo Nacional. As franxas azuis simbolizan a xustiza, a lealdade, a fraternidade, a fortaleza, o valor, o ceo, a cor dos lagos Xolotlán e Cocibolca, o Mar Caribe e o Océano Pacífico que bañan as costas do leste e o oeste do país, respectivamente. A franxa branca simboliza a pureza, a integridade, a igualdade, a bondade, a paz e a nación. Na parte central da franxa branca atópase o escudo, que consta de dous elementos, o central e o periférico, sendo o primeiro un triángulo equilátero de ouro que representa a igualdade e a rectitude da Patria e as súas institucións. Na parte inferior, unha cordilleira de cinco volcáns verde amarelados, entre dous océanos en ton azul ultramar, representan a unidade e a fraternidade das cinco repúblicas centroaméricanas do mesmo xeito que os volcáns e cordilleiras do país. Os mares representan o Mar Caribe e o Océano Pacífico que bañan as costas do Leste e o Oeste do país respectivamente. Un gorro frigio en ton vermello  bermellón ilumina a escena con raios brancos de luz, desde a parte central do triángulo, representando a liberdade, tendo como fondo un ceo en ton azul pálido que simboliza a gloria, o  heroísmo e o sacrificio pola liberdade.

FONTE: gal.wikipedia.org

0 comentarios