A CASA MÁIS PEQUENA DO MUNDO
En Nadal é común que a decoración se volva excesiva, con grandes xogos de luces, adornos visibles por todos lados e mesmo figuras a tamaño natural no xardín no caso dos máis ousados. Con todo, Travis Casagrande optou pola opción contraria: crear a casa do Nadal máis pequena do mundo. Este investigador asociado do Centro Canadense de Microscopía Electrónica da Universidade McCaster (Canadá) creou a miniatura dun fogar aposentado sobre a cabeza dun boneco de neve que apenas ten o tamaño do grosor dun cabelo.
Casagrande construíu unha casa de pan de xengibre de silicona con todo luxo de detalles: pódense observar os ladrillos e os adornos ben definidos. E mesmo ten un felpudo no que o enxeñeiro gravou a bandeira de Canadá. Seguramente sexa a construción máis pequena do mundo, xa que ten a metade de tamaño que unha homóloga feita en Francia.
A microscópica marabilla ten os seus cimentos aposentados sobre un boneco de neve que, ao seu lado, parece monstruoso. Con todo, a foto final revela que, en comparación, o boneco mide aproximadamente o mesmo que o grosor que un cabelo humano, que e aparece case como un tronco de secuoia.
A escalas microscópicas e grazas a un equipo formado por un conxunto de dez microscopios electrónicos, Casagrande utilizou un feixe de ións de galio cargados, que actuaron como un chorro de area, para construír o edificio. Non era a primeira vez que utilizaba esta técnica: en 2017 saltou aos medios por construír unha pequena bandeira canadense que voaba desde un poste dentro dun pequeno buraco case imperceptible tradeado nunha moeda dun centavo.
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios